![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
28/11/2011 O Encontro Irmandiño transmitiu á Executiva e ao Portavoz Nacional do BNG o "profundo desagrado e repulsa pola comunicación feita desde o Gabinete de Prensa do BNG aos medios sobre o tratado no Consello Nacional do sábado 26, trasladando un asentimento unánime sobre un presunto aval ao Portavoz Nacional que en ningún momento foi suscitado nin outorgado.
25/11/2011 No Encontro levamos moito tempo a debullar cales serían os criterios a as medidas precisas para refundar o BNG, cremos que ten que ser un traballo colectivo de todas e todos os que integramos o BNG, pero si unha das premisas que debe ter o novo BNG é a súa apertura á sociedade entendemos que tamén debemos escoitala se estamos a falar dun instrumento político que pretendemos sexa para maioría da sociedade galega. Nós temos as nosas ideas que a seguido imos referir moi sucintamente pero gustaríanos coñecer que pensades ao respecto e novas ideas para o mesmo fin: un BNG renovado e útil á sociedade galega. Agardamos as vosas opinións e aportes en info@encontroirmandinho.org
24/11/2011 O Bloque precisa refundación sen "batallitas" persoais nin pactos por arriba
21/11/2011 O Portavoz do Encontro Irmandiño califica o resultado das eleccións do 20-N coa maioría absoluta do PP como un auténtico desastre para a democracia. Audios da rolda de prensa no interior.
20/11/2011 Lamentamos a maioría absoluta da “caverna española” que representa o PP e que o BNG, cunha baixada de perto de 30.000 votos, fose incapaz de recoller a fuga de votos do PSOE pola esquerda que benefician a EU que duplica os seus votos en Galiza.
18/11/2011 A perda de referencias éticas e valores democráticos republicanos xunto ao medo e covardía das forzas políticas auguran un futuro negro se a sociedade civil non reaxe. Hoxe publicamos un interesante artigo do noso Portavoz Nacional X. M. Beiras escrito noutras circunstancias pero rabiosamente actual.
07/11/2011 "E nasce o caos, a confusao das línguas, e misturam-se as propostas mais loucas com a verdade mais brilhante. Abandonamos assim a nossa ligeireza de ontem. Desacostumados a pensar, contentes com a vida do dia para dia, hoje estamos desarmados face a treboada. Tínhamos mecanizado a vida, tínhamos mecanizado nós próprios. (...) Éramos místicos inconscientemente". António Gramsci: "Faz falha que mudemos nós próprios", 24 de novembro de 1917. "Siento que está en decadencia esta cumbre de jefes de Estado. Es como decir que cada año hay que rendir cuentas al rey. ¿Qué mensaje da eso en Latinoamérica?", Evo Morales sobre a Cimeira Iberoamericana deste ano, palavras aplicáveis pela cidadania de toda a parte à cimeira do euro e do G-20.
20/10/2011 Para que nos devolvan o roubado!
11/10/2011 No Encontro cremos na necesidade de ter unha forza política que traslade as demandas da esquerda social á instancia política, que aglutine as aspiracións da xente do común, e que o faga con imaxinación e saíndose dos marcos que nos pon o sistema. O 15-O nas rúas, 20-N nas urnas, 28 e 29-X na Asemblea Nacional para a refundación do BNG
09/10/2011 Quen non vai estar de acordo por exemplo en facer unha “Auditoría da débeda pública e recuperación do aportado para salvar aos banqueiros.”? ou de facer unha “Regulación. Imposición/taxación e control estritos dos mercados, intermediarios e fluxos financeiros e movementos de capitais, con especial rigor no tocante ás operacións especulativas.”?
16/09/2011 O Encontro Irmandiño apoia as mobilizacións contra a reforma da constitución do PP e PSOE
24/08/2011 O diktat do reich napoleónico ''humilla'' a soberanía do estado español
14/08/2011 Xunto a 17 alcaldes nacionalistas promove un manifesto crítico que demanda renovación, outro discurso e outros líderes á dirección do BNG. Médico de profesión, Martiño Noriega (A Coruña, 1975), a quen moitos ven como un referente no futuro do Bloque, lamenta que "a esquerda teña o diagnóstico pero non un tratamento contra a crise". Avoga por que o Bloque ofreza un contrato á cidadanía baseado en puntos concretos que sexa capaz de cumprir. Como fan nos concellos.
12/08/2011 Pola nosa parte felicitamos aos alcaldes e a todas e todos os que ergan a voz reclamando a rexeneración do BNG e convidamos a ler o manifesto.
31/07/2011 Na prensa de hoxe, nun medio de comunicación escrito, especúlase sobre a convocatoria da 13 Asemblea Nacional do BNG e sobre o Encontro Irmandiño como favorábel a manter as datas deste evento no mes de Outubro a pesares da convocatoria das Eleccións Xerais para o 20 de Novembro.
28/07/2011 O CIS ven de publicar unha nova enquisa pre-electoral que debera preocuparnos porque apunta unha tendencia continuada á baixa que pode poñer mesmo en perigo a presenza de Galiza nas Cortes do Estado.
05/07/2011 É un bo comezo que se volva á democracia directa e á participación de todas e todos nos plenarios da Asemblea Nacional e é unha oportunidade que se abra un período extraordinario de afiliación e reafiliación. Pero será insuficiente se non nos comprometemos no proceso e se non mudamos as actitudes como o referido do pasado Consello. A continuación a proposta do Encontro Irmandiño PARA A REFUNDACIÓN DO BNG
22/06/2011 Entrevista a Beiras na Ser. Emitida o domingo 19/06/2011
21/05/2011 Beiras fala das movilizacións de maio de 2011, tamén chamadas d@s indignad@s.
03/05/2011 O fundamento da sentencia contra Bildu é máis parecido aos certificado de boa conduta do franquismo que ás probas que nun estado de dereito fundamentan unha privación de dereitos.
01/05/2011 ... o que está en crise é o proprio sistema-mundo capitalista ao que se lle aplicou ese modelo ultra-liberal de xestión político-económica. Quer dicir que tampouco o modelo keynesián desterrado no seu día polos ultra-liberais resolvería hoxe o problema estrutural que padece o sistema, nen sequer lograría por sí só "reflotar" a economía do seu centro, como recoñecen neo-keynesiáns tan acreditados como o Nobel Paul Krugman, por caso -inanque paliaría, certamente, os efectos máis negativos da crise, e por suposto que non os agravaría como están a facelo as receitas ultraliberais que teimudamente están a aplicarse aínda arestora.
24/04/2011 O pacto constitucional está rompido por obra dos mesmos actores que foran os seus artífices hai un terzo de século, a soberanía "nacional" cedida á UE e o FMI, os inquilinos do aparello de estado manexados coma monecos de ventrílocuo polo poder imperial e os seus missi dominici, o poder xudicial a facer "mangas e capirotes" dos dereitos cidadáns á marxe de calquer control democrático, a xerarquía católica reinstalada no sectarismo inquisitorial da "cruzada", e o capital financeiro transnacional convirtido en bailleur de fonds dunha metamorfose do nazi-fascismo encarnado nunha ultradereita reacionária e xenófoba disfrazada de popular: a farsa tráxica está servida no "corral nublado" de Max Estrella.
17/04/2011 A "crise económica da época presente" que Brañas analisa e tenta diagnosticar no seu extenso discurso académico de 1892 non é outra que a famosa "crise finisecular" do XIX, que se desencadea a partir do 1873, vaise prolongar durante decenios, e atravesar inclusive os "felices" anos da belle époque, deica acadar o seu primeiro desenlace en forma de conflito bélico mundial, a Gran Guerra de 1914-18 -e digo primeiro desenlace porque, en rigor, o subseguinte período de entre-guerras vai constituir unha prolongación dese proceso de crise sistémica, que desembocará na Grande Depresión e só concluirá co estoupido da IIª Guerra Mundial: nada menos que meio século longo de duración, portanto. Esa crise marca e abrangue o declive da Gran Bretaña como epicentro do sistema-mundo de entón, ou sexa, do conxunto do sistema capitalista ao nível de mundialización acadado naquela altura. Trátase, xa que logo, dunha crise de hexemonía: o solpor e empardecer da Gran Bretaña como potencia hexemónica do sistema económico mundial.
10/04/2011 A leición de Brañas versaba sobre a crise económica da sua época, e o relembrármolo ocasionou que a nosa conversa virase cara a crise financeira que arestora estaba a estoupar no corazón do imperio. Néstas, ao Afonso ocurríuselle suxerir a oportunidade de editar agora ese discurso traducido ao galego. Dito e feito -o Afonso évos un home resolutivo: púxose á obra decontado. Mais, non dispóndomos do volume que eu posuira, compríalle percurar outro exemplar asequíbel para traballar nil -e non semellaba doado, dada a rareza de aquela publicación. Resolveulle o problema a impar "Biblioteca Penzol": alí estaba a obra, e permitíronlla fotocopiar. Púxose a traducila il mesmo -e velaeiqui está. Hai aínda poucas semanas que saíu do prelo, editada en versión galega por Toxos Outos e Unipro-editorial, a leición que pronunciara Alfredo Brañas na Universidade de Santiago en 1892: "A crise económica na época presente e a descentralización rexional". Un dos editores, Afonso Ribas, propuxérame facer un limiar para esta reaparición dese moi esquencido ensaio de Brañas que, malia ser publicado daquela, nunca volvera ser imprentado até agora. Aparecida esta nova edición, algún amigo enredante suxeríume partir o meu limiar en anacos pra publicalo, "por entregas", nesta páxina dominical do GH. Deixeime convencer, e velaí vos van a partir de hoxe, coas oportunas licencias dos editores e máis do paciente Tano. Disque haberá un agasallo para quen de vós dea chegado ao final da série sen indixestión de pedra -limiar, claro. A silicose seica está descartada -mais eu, que vós, non fiaría: o esnaquizado feito con rebarbadora levanta moito póo.
28/02/2011 Para o voceiro nacional, os "irmandiños" son a "semente" dun movemento político ante a "esclerose e obsolescencia das realidades". Hai que reconstruír a vinculación da sociedade civil e o aparato político.