X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
martes, 20 de outubro de 2026

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
DO ENCONTRO comunicacións

Para que nos devolvan o roubado!

O Encontro pide ao BNG un programa económico valente e de “ruptura” para estas xerais do 20-N

09/10/2011

 

No pasado Consello Nacional do día 10 de setembro o Encontro Irmandiño achegou ao BNG unha proposta parcial de Programa nos aspectos relativos ás estratexias necesarias nunha política económica a favor das clases sociais desposuídas pola crise provocada pola especulación do capital financeiro.

Pedímoslle ao BNG un programa de corte “rupturista” e valente.

Os graves atentados contra os dereitos democráticos e o cativo estado de benestar conseguido en décadas de loitas cívicas estanse indo polo vertedoiro da submisión á ditadura financeira en poucos meses.

Para frear esta sangría e mobilizar á cidadanía na defensa dos seus intereses e dos colectivos de Galiza é preciso falar claro e propoñer accións políticas e programáticas para estas elección do 20-N que apunten directamente ao cerne dos problemas e non a fenómenos de acompañamento.

Quen non vai estar de acordo por exemplo en facer unha “Auditoría da débeda pública e recuperación do aportado para salvar aos banqueiros.”? ou de facer unha “Regulación. Imposición/taxación e control estritos dos mercados, intermediarios e fluxos financeiros e movementos de capitais, con especial rigor no tocante ás operacións especulativas.”?


Texto completo da nosa Proposta


Proposta do Encontro Irmandiño para o programa das xerais de 2011 do Bloque Nacionalista Galego.

Galiza 15/09/11


Como xa comentamos no Consello Nacional último do día 10/09/11, é preciso ir ao fondo do que está a pasar e dicir claramente á cidadanía que non queda outra que esixir un proceso constituínte autenticamente democrático para nós e as outras nacións do Estado porque o PP e PSOE ao constitucionalizar a ditadura neoliberal, veñen de romper o consenso constitucional -dos que participaron nel evidentemente-, pero abren unha situación política que permite poñer un valor as posicións rupturistas dos que non participáramos del como é o caso do nacionalismo galego.

Valen todas as propostas das liñas básicas para o programa electoral, ás que so engadiríamos como explicación o que xa dixo o BNG hai perto de 20 anos sobre o Tratado de Maastricht, os acordos da IX Asemblea Nacional respecto do neoliberalismo e a mundialización, a soberanía alimentar por suposto, dicindo o que todas e todos sabemos e que a cidadanía está a sufrir como retallos sociais, paro e exclusión das graves decisións que se están a tomar polo poder sobre o seu futuro.

Hai que falar do modelo de estado dende unha posición republicana e soberanista galega; Estado social de dereito e economía social de mercado; democracia participativa e control democrático do poder; da sustentabilidade socio-ambiental; a Europa social dos pobos e tamén da introdución na Constitución da neutralidade activa do Estado.

Hai que falar na nosa opinión de 'CREBA DEMOCRÁTICA' e propoñer avanzar con garantías efectivas nos dereitos da cidadanía e do carácter público de bens e servizos básicos.

Propoñemos a inclusión de argumentos como os citados e ao inicio nun preámbulo de liñas estratéxicas básicas as que seguen, debidamente matizado e explicado, pero con contundencia de:


  1. Democratización da empresa: participación dos traballadores na dirección e xestión.

  2. Auditoría da débeda pública e recuperación do aportado para salvar aos banqueiros.

  3. Reversión ao dominio e xestión públicos das concesión feitas ao sector privado de infraestruturas, recursos, bens e servizos de interese público e /ou común.

  4. Reconversión en públicas de corporacións e empresas privatizadas.

  5. Regulación. Imposición/taxación e control estritos dos mercados, intermediarios e fluxos financeiros e movementos de capitais, con especial rigor no tocante ás operacións especulativas.

  6. "Reforma tributaria para restablecer unha fiscalidade progresiva, nomeadamente sobre os tramos elevados de ingresos e patrimonios privados, a prol dunha indispensábel política redistributiva de benestar social"

  7. Reconstitución do sector financeiro público e reversión das caixas de aforro á súa natureza orixinaria de entidades non capitalistas privadas.

  8. Derrogación das sucesivas 'reformas' laborais, e establecemento e fortalecemento, tanto na función pública canto no sector privado, dos marcos normativos reguladores do mercado laboral e dos réximes salariais a prol dos dereitos e garantías económicas e sociais na igualdade de xéneros e idades, a estabilidade e seguridade no emprego, a redución da xornada laboral, a cobertura do paro e das xubilacións, e a participación equitativa da forza de traballo no valor engadido e incrementos da produtividade.

  9. Soberanía alimentaria e enerxética.

  10. Políticas de defensa do campesiñado, revitalización das explotacións agrarias non capitalistas, recuperación e desenvolvemento sustentábel da economía e os ecosistemas agrarios, ordenación do territorio e fixación de poboación no medio rural a prol do seu desenvolvemento integral e do equilibrio demográfico, sectorial e territorial.

  11. Políticas análogas ás do punto anterior para o mundo mariñeiro e a beiramar.

  12. Políticas de promoción e equidade económica, fiscal e social para as formas de traballo autónomo e pequenas empresas, con fincapé nas formas cooperativas e de economía social.

  13. Ordenación do sector comercial a prol da revitalización racionalizada do pequeno comercio fronte ao grande capital comercial e coa necesaria reforma do marco normativo dos arrendamentos e alugueres de locais comerciais.

voltar arriba

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal