![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
24/08/2011
Lede con detemento isto sobre a política monetarista de Unión Europea, tan escabrosamente de actualidade nestes últimos tempos:
" ...
... diverxencias acrecentadas entre clases sociais: proletariado e campesiñado levarán a peor parte, cun brutal incremento da taxa de explotación e no seu caso de paro, directamente ou a traveso da esfera da circulación e do desaproveitamento de servizos sociais (caída do salario social) que constituían conquistas históricas das clases traballadoras e, ate hoxe, resultaba inimaxinábel que fosen postas en cuestión polo poder establecido. Mais non van ser só o proletariado re o campesiñado: clases ou segmentos pequeno-burgueses vencellados ao comercio e outros ramos dos servizos, tamén van sufrir sensibelmente eses custes, especialmente nas economías periféricas onde esa política vai mallar no lombo do conxunto das camadas populares.
..., diverxencias crecentemente agravadas entre as economías do centro e da periferia da CE, usualmente denominadas co eufemismo "desequilibrios rexionais". Tres décadas e media de existencia do MCE, con dúas décadas de aplicación da Política de Desenrolo Rexional e os recursos do FEDER -que efectivamente "fede" cada vez máis- ilustran en retrospectiva, verbo do que, en prospectiva, nos agarda aos periféricos coa política monetarista cociñada en Maastricht: os "desequilibrios rexionais" non fixeron outra cousa que medrar constantemente nesas décadas."
De rabiosa actualidade verdade?... pois está escrito por Xosé Manuel Beiras para o BNG, no ano 1992!, cando se aprobou o Tratado de Maastricht.
Sen comentarios.