![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
28/11/2011
O uso partidista que a UPG fai da burocracia do BNG usando os medios que todas e todos os afiliados pagamos, para mentir á afiliación e a opinión pública sobre o acontecido na reunión do Consello Nacional do pasado sábado, obrigou ao Encontro Irmandiño a dirixir á Executiva Nacional a mensaxe que a continuación reproducimos:
Á atención do Portavoz Nacional e da Comisión Executiva:
O Encontro Irmandiño quero transmitirvos o noso máis profundo desagrado e repulsa pola comunicación feita desde o Gabinete de Prensa do BNG aos medios sobre o tratado no Consello Nacional do sábado 26, trasladando un asentimento unánime sobre un presunto aval ao Portavoz Nacional que en ningún momento foi suscitado nin outorgado.
A gravidade dos feitos obríganos a solicitar formalmente a reprobación e destitución do Xefe do Gabinete, por ser a súa responsabilidade directa estas manipulacións, e a dimisión ou destitución da Secretaria de Comunicación por ser da súa responsabilidade política.