![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
12/08/2011
A maioría dos alcaldes do BNG fixeron pública a súa opinión sobre do proceso que emprendeu o BNG logo do resultado adverso das eleccións municipais.
A reflexións dos alcaldes conta coa simpatía do Encontro Irmandiño en primeiro lugar polo que ten de mostra de saúde a expresión libre da crítica, pero tamén porque atinan en sinalar e compartir con toda a militancia e segmentos progresistas do noso país, a emerxencia na que se atopa o nacionalismo. Porque teñen razón en que é crucial a próxima asemblea nacional para o futuro do nacionalismo e da Galiza.
O aparello burocrático do BNG nin contestou nin contesta aos alcaldes e sérvese agora da voz do Alcalde de Pontevedra para responder coa obviedade de que os alcaldes non son máis ca ninguén no BNG.Pola nosa parte felicitamos aos alcaldes e a todas e todos os que ergan a voz reclamando a rexeneración do BNG e convidamos a ler o manifesto.
Ver o manifesto Somos conscientes. (copia en Pontecesures.net, 11/08/2011)