![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
Na prensa de hoxe, nun medio de comunicación escrito, especúlase sobre a convocatoria da 13 Asemblea Nacional do BNG e sobre o Encontro Irmandiño como favorábel a manter as datas deste evento no mes de Outubro a pesares da convocatoria das Eleccións Xerais para o 20 de Novembro.
Desde o Encontro Irmandiño queremos aportar directamente a nosa posición ao respecto, que non é outra que a manifestada públicamente polos membros do EI no Consello Nacional do BNG do día 2 de xullo de suspender o proceso da AN na data mesma de anuncio da convocatoria das Xerais e que foi aceptado por asentimento de todas e todos. A mesma coincidencia xa se dera tamén na Comisión Nacional xestora do proceso preasembleario.