![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

30/05/2012 As medidas de recorte tomadas polo Goberno Central, coa complicidade da Xunta de Galicia, introducen cambios fundamentais no sistema sanitario público que atentan contra a universalidade, a accesibilidade, a equidade e o carácter redistributivo da Sanidade Pública, e supoñen o inicio dunha contrarreforma sanitaria.
06/03/2012 ... contra os recortes de dereitos que estamos a sufrir, especialmente duros no caso das mulleres, participamos na Campaña do 8 de Marzo xunto con outros colectivos, que rematará cunha grande Manifestación Nacional en Compostela o domingo 11 de Marzo ás 12h desde a Estación de Tren.

26/10/2011 O Encontro Irmandiño apoia as manifestacións convocadas pola plataforma SOS Sanidade Pública para o día 27 de outubro en todas as áreas sanitarias. En defensa do carácter público da sanidade, pola xestión pública e directa dos servizos sanitarios, polo fortalecemento da Atención Primaria e polo mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias.

11/04/2011 Na xuntanza da data, reunida a Coordinadora do EI coa incorporación dos recentemente elixidos novos membros polas comarcas e do Carballiño (esta nova Irmandade Comarcal ver de constituírse a pasada semana) , tratou diversas cuestións orgánica das que destacamos a constitución dos Grupos de Traballo previstos nos estatutos, Feminismo e Mocidade, e os de Cultura, Sanidade e Medio Rural a petición de membros da mesma.