![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
19/01/2012
As organizacións políticas integradas no BNG, +GALIZA e ENCONTRO IRMANDIÑO xunto con outros colectivos e grupos de independentes, entendendo que neste proceso é máis o que nos une que o que nos separa, queremos facer público o seguinte acordo para a nosa participación na XIII Asemblea Nacional:
Asumir como teses para este proceso o documento “NOVO PROXECTO COMÚN, REFUNDACIÓN E REXENERACIÓN DO BNG”, elaborado como fusión das respectivas teses con aportes de outros colectivos e compañeiras e compañeiros independentes, e que será debatido no plenario da Asemblea Nacional.
Impulsar unha candidatura conxunta, inclusiva e aberta a aquelas persoas e grupos políticos ou de base que apoien unha alternativa a prol dun “novo proxecto común para a rexeneración e refundación do BNG” reflectido nas nosas teses conxuntas. A candidatura conxunta ao Consello Nacional será encabezada por Xosé Manuel Beiras Torrado. A persoa que optará a candidato do BNG á Xunta de Galicia será Carlos Aymerich Cano.
Facer un chamamento á participación da militancia do BNG no Plenario da Asemblea Nacional os vindeiros 28 e 29 de Xaneiro, para dar respaldo a esta iniciativa co seu apoio democrático imprescindíbel
Somos conscientes da importancia do paso dado que resposta á demanda expresada por unha grande parte da base social do BNG e da súa contorna. Estamos convencidos de que esas demandas non se verán defraudadas.
Galiza a 19 de xaneiro de 2012
Envía o teu comentario
Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...
31/01/2012 Tes razón, os meus argumentos son dunha simpleza extraordinaria, eu non che nacin pa ser Beiras...En troques, os teus teño que recoñecer que son dun humor fantastico...o Beiras a altura do Che, Gandhi, etc ainda me doe o estomago de rirme... Pero agora que xa pasou a AN, cal é análise que hai que facer?
26/01/2012 Agradezo- che moito a profunda análise final, Fran (sen nada mais). A túa argumentación e tan minimalista como o teu nome. Podería dar-te moitas razóns, mais non e o lugar. Se cabe vou a poñer un exemplo, que si cadra entendes: Cando se fala do Celta de Mostovoi, ou do Depor de Bebeto, entendes ti que estaban a xogar sen garda redes, defensas e demais xogadores, ou que non ía o masaxista? Pois iso, campión. Non compre ser tan maniqueísta. De calquera xeito, como a túa alusión foi tan agarimosa, coma nas festas querería-te adicar unha canción de Sabina: “Como te digo una co… te digo la o…”. En Galego, entenderas-me mellor: Acredito que un so home e quen de trocar o mundo. Ou non foi quen Che de levantar un continente? Gandhi? Pois eu digo que Beiras foi quen de levar o nacionalismo ao 25% do electorado deste País. 3, 1, 5, 9, 13, 19… Te di algo?
24/01/2012 Sí, sí compañeiro Lois. Da man de Beiras hoxe estaríamos instaurando a república galega, pois el, só con mirar aos seus adversarios sería quen de reducilos. Ao pasar, as mulleres lanzaríanlle flores e os homes adicarianlle louvanzas. Os días serían todos como unha primavera, e non se recordarían mellores tempos para a humanidade, días de confraternidade e amor. Os problemas do BNG nunca tiveron que ver coa situación de Beiras, esa sempre foi unha excusa para moitos de vós. Os problemas estaban ou están noutras cousas. Ou logo? de non existir Beiras pensades que o BNG debería desaparecer? as organización e os proxectos deben perdurar por riba das persoas, son sentimentos colectivos, non individuais. Estou co Encontro Irmandiño pola súas intencións Rexeneradoras pero non porque volva X persoa para un posto de referencia. Sede serios, o BNG é mais complexo que a ecuación "con Beiras estaríamos mellor". Ainda no suposto caso que a coalición gañe a AN, queda moito traballo para o día seguinte como para pensar que con Beiras ao frente xa se vai a solucionar de por sí. Ánimo compañeiros, pero non digades burradas.
22/01/2012 Cando foi o BNG a primeira forza progresista da Galiza? Non coñezo ningún País que progrese cando se adica a apartar aos seus mellores fillos. O mesmo pasará cunha forza política. O BNG tocou teito con Beiras. Os dezanove deputados que o converteron na primeira forza progresista. 3 deputados en Madrid. Camilo Nogueira en Estrasburgo. Gobernando nas grandes cidades do País (liderando ou facendo co seu apoio un PSG mais galego e mais progresista). Presenza en todas as Vilas e bisbarra. Houbo xente que dixo que Beiras era o teito? E tiña razón. Despois de Beiras o único ao que asistimos foi a unha caída libre. Aínda nunca nos deron razón? Acredita alguén que de seguir Beiras o Presidente da Xunta do Bipartito sería alguén do PSG? Pensa alguén que a xestión sería a mesma? E dende logo, hoxe seguiría sendo Beiras Presidente da Xunta, e na Galiza non estariamos como estamos. Forza Beiras, o País precisa de ti. (http://www.lavozdegalicia.es/encuesta/galicia/2012/01/19/parece-positivo-beiras-vuelva-direccion-bng/01031326985416815464588.htm) O mesmo documento, La Voz de Galicia, onde o 80% valora moi positivamente a volta de Beiras. Se queda algunha esperanza no BNG está nesta volta)
20/01/2012 Como exvotante e exsimpatizante que quere volver ser simpatizante e votante dígovos: "Galegos que me escoitades, / galegos que a verme vides / hoxe de eiquí non saídes / sin face-las amistades!. / Das nosas debilidades / o diaño non se ha de rir. / Vámonos todos a unir, / matando rencores cegos; / que na unión dos bos galegos / está da patria o porvir! (Curros Enriquez)".
20/01/2012 Estou completamente de acordo coa candidatura conxunta de Mais Galiza e os Irmandiños,digo como un militante do BNG non ascrito a ninghuna corrente dentro do BNG.Basta xa da ditadura da UPG dentro do bloque. E se non están a gusto que se vaian .
20/01/2012 Estou completamente de acordo coa candidatura conxunta de Mais Galiza e os Irmandiños,digo como un militante do BNG non ascrito a ninghuna corrente dentro do BNG.Basta xa da ditadura da UPG dentro do bloque. E se non están a gusto que se vaian dunha puta vez.
20/01/2012 É unha candidatura plural e en base a un programa que supón a consolidación dun frontismo plural e asembleario.
20/01/2012 Estou un pouco sorprendido. Como podemos aceptar ir nunha candidatura conxunta con Máis Galiza, sabendo que defenden a conversión do BNG nun partido eliminando o frontismo? Non será que nos queren utilizar para lograr as ansias persoais de Aymerich?
19/01/2012 adiante!
19/01/2012 Eu dou o meu apoio como cidadán galego. Xa perdera toda esperanza no BNG e penso que este cambio voltaríame a dar forza. Avante compañeiras e compañeiros!!!
19/01/2012 Parabéns!!!!!!!!! Galiza ben merece este esforzo. Agora podemos ir con ánimos á Asemblea Nacional.