![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
27/03/2012
Anunciouse que en outubro se daría a coñecer a nova tempada da compañía pública. Con 5 meses de retraso, a comezos de marzo, anúnciase unha produción a estrear presumiblemente en setembro. Agora, coa destitución da súa directora Blanca Cendán, pode ser a primeira vez dende o seu nacemento en 1984 que o CDG non estree ningunha produción nesta tempada.
Isto é un paso máis na intención de desmantelar o tecido teatral galego desde o goberno da Xunta de Galicia. Dende a Asociación de Actores e Escena Galega tense denunciado públicamente o estrangulamento económico a que os somete a Axencia Galega das Industrias Culturais, que lles adebeda entre funcións da Rede Galega de Teatros, anticipos e axudas á distribución 1,2 millóns de euros.
O Encontro Irmandiño apoia todas as mobilizacións convocadas polo sector porque o que trata este goberno é de desmontar un a un todos os eixos da cultura galega e o teatro é normalizador e regularizador da nosa cultura, porque o tecido produtivo teatral é feble e se está atacando económicamente as bases da profesionalización das compañías e porque chanzo a chanzo (lingua, teatro, educación, danza, música, artes plásticas, editoriais) queren acabar cos sinais identitarios da nosa cultura e facer imposible que se poida vivir profesionalmente en calquera dos sectores culturais.
Esta morte por inanición xa foi executada no Centro Coreográfico Galego, ao que se mantén totalmente inerte e prácticamente sen actividade nas dúas últimas tempadas.