![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
09/03/2012
Ante a situación de precariedade laboral que están a padecer a as/os traballadoras/es galegas polas graves restricións de dereitos perpetradas tanto polo Goberno Español como pola Xunta da Galiza, retrotraéndonos a épocas históricas que semellaban superadas, o Encontro Irmandiño quere manifestar o seu compromiso de participación nos actos que teñen lugar os días 8 e 10 de marzo: dia internacional da muller traballadora e da clase obreira galega.
En congruencia co noso ideario de esquerdas, manifestámonos contrarias a calquera medida que pretenda precarizar máis aínda os dereitos das traballadoras e dos traballadores, comprometéndonos a loitar como iguais contra a opresión do capital.
O Pobo galego non debe ficar indiferente ante esta ofensiva do capitalismo financeiro na súa fasquía máis reaccionaria dos gobernos do PP, polo que todas e todos debemos participar activamente en todas as mobilizacións, incluída a anunciada greve xeral, para poñer freo ás pretensións de involución e de agresión ao conxunto da poboación e especialmente de escravización da clase traballadora.