![]() |

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

Liga Estudantil Galega

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

Grupo de Traballo de Mocidade do EI
10/01/2012
Vai chegando o día e zoan comentarios e historias diversas, nós seguimos coa nosa teima de aportar ao debate preasemblear un aquel de información e siso nos posicionamentos, nas propostas e mesmo nas actitudes nesta santa casa do BNG.
Como consideramos que a estas alturas xa tedes lido as teses -as de 15 folios cun pouco máis de traballo-, veredes que a do EI limítase a debuxar o novo escenario no que se ten que producir a refundación e rexeneración da nosa organización para que volva servir de instrumento do “proxecto común” para a maioría social deste noso País. Moito ten cambiado todo dende aquel 1982 da Asemblea de Riazor, moito mesmo o propio BNG non só a sociedade galega, menos o que segue a ser unha cuestión básica: que Galiza dispoña dese instrumento político útil, válido que iniciamos daquela.
O BNG hoxe xa non é o de 2009, pasaron case tres anos e a evolución da vida interna non fixo máis que deteriorarse, coincidencias e agrupamentos que se deran daquela hoxe están en crise, algúns desapareceron, o bipartidismo interno está máis cuestionado que nunca... A xestión dese modelo fracasou e evidenciou que non serve nin para un medre discreto da militancia, máis ben ao contrario, e moito menos para gañar apoios na sociedade
Necesitamos urxentemente un BNG que volva a ilusionar, que sexa reflexo nos seus modos e comportamentos, no seu xeito de producir política exemplo da sociedade que queremos, con exercicio pleno dos valores republicanos da igualdade, liberdade e fraternidade Que lonxe está todo iso no BNG actual!
Do mesmo xeito que a vida no BNG debe ser reflexo do noso modelo para a sociedade, as propostas e actitudes das partes cara á Asemblea que vén deben reflectir o BNG que queremos. Por iso son moi importantes non só as propostas de teses: que sexan para todo o mundo, que permitan a pluralidade e que definan aquelo que nos une a prol de Galiza,... máis tamén as actitudes.
Equivócase quen pretenda impoñer visión partidistas, parciais e da ideoloxía propia que non poida ser compartida e moito menos que se pretenda impoñela como “única” no BNG, porque iso é o anti-BNG.
Equivócase quen pretenda poñer condicións “sine qua non”, de difícil explicación dende o colectivo, porque non son tempos para “califatos” nin para “salvadores supremos”.
Equivócase tamén quen pretenda que o asunto BNG ten que resolverse entre partidos, indo en solitario co adorno máis un menos relevante dalgún independente ou dos que pensen que a solución e poñer de acordo a só dous grupos. Na política dúas e dúas non son catro, a suma multiplica e a división resta.
Trátase de conseguir unha fronte ampla, plural, que resulte da confluencia de persoas máis ou menos organizadas pero en igualdade con aqueles que se acheguen a título persoal, que asuman unhas teses claras de rexeneración e refundación do BNG que é o que realmente é urxente para os que queremos ao BNG, que é devolvelo á militancia e rescatalo do auténtico “secuestro” ao que o ten sometido a propia burocracia e os políticos profesionais.
Non é un secreto que hai conversas entre o EI e máis Galiza -e que pode haber un acordo-, que hai iniciativas de cargos institucionais, que hai unha demanda das xentes do BNG, que buscan atopar un lugar de encontro para formular e conformar unha fronte ampla que asuma a representación deses desexos e unha gobernanza nova que ilusione, porque é a única maneira.
Por iso nós estamos a prol desa fronte ampla. Polo Encontro non vai quedar!
(A seguir...)
Envía o teu comentario
Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...
13/01/2012 Creo que a idea da frente amplia é boa pero non podedes deixarnos aos militantes sen saber que ides facer, porque parece que o problema non está nas teses senón nas persoas, é certo? para vos tamén?
12/01/2012 Non sei que pretendedes coa roda de prensa de hoxe de Martiño,Beiras ,Tereixa,etc...pero si éstas alturas tanto vós como +Galiza non sodes concientes de que tedes que ir xuntos para poder ilusionar a militancia independente....e que estades fora da realidade igual que outras sensibilidades do BNG.OU XUNTOS....OU PARA CASA.......NON TEÑADES DUBIDA...GALIZA E O BNG MERECEN UN ULTIMO ESFORZO. Saude.
11/01/2012 Hai que unir a todas e todos os que están por refundar, rexenerar e por un novo proxecto común. Non sobra ninguén que está polo labor. Posta non seu sitio nin a UPG. Todos a AN
10/01/2012 Penso que despois do que estou percibindo e estando a UPG caladiña , para que o BNG sexa transformado e rexenerado , pasa 1º por pactar EI con mais galiza , coas teses basadas nos puntos do EI con achegas de masi galiza , sempre coa idea de dar participacion a militancia e romper cos profesionais da politica , asi como limitar os mandatos ao minimo posibel . e 2º unha vez que metades o aire frenco dentro do bunquer establecido , levar a practica as teses aprobadas. Saude e animo .