X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
martes, 20 de outubro de 2026

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
CRóNICAS PREASEMBLEARIAS

Crónicas preasembleares V

Podes deixar o teu comentario e tamén descargar a Tese do EI para a AN do BNG

25/12/2011

 

Tese do EI para a AN do BNG


Vemos nos comentarios que nos enviades unha grande dose de escepticismo e moitas veces unha proxección no futuro que ten a ver máis con ese estado de ánimo, e co que sempre aconteceu, que cos dados novos desta XIII Asemblea Nacional do BNG.


Que vemos nós diferente?


Pois en primeiro lugar que infelizmente a situación do BNG é tan mala que a militancia do BNG está cada vez máis farta e cada vez ten máis claro quen son os responsábeis de ir de “victoria en victoria ate a derrota final”.


En segundo lugar, ate os da UPG estanse dando conta de que non poden seguir así, tentarán que algo cambie para que nada cambie emulando á famosa frase do Príncipe Salina en “O Gatopardo”.


Cremos sinceramente que as bases, e moitos membros da dirección, de +Galicia chegaron á conclusión de que o “bipartidismo interno” non dá para vencer á UPG e non poden repetir á xogada da Asemblea de 2009 excluíndo ao Encontro.


Finalmente, estamos nós que levamos estes dous últimos anos avisando do que viña, procurando un entendemento para a rexeneración ou refundación do BNG e temos moito aprendido, por iso estamos seguros de que esta Asemblea é diferente.


Que pensamos hai que facer?


Conformar unha fronte amplía que permita retirarlle á UPG o control que detenta no BNG, para devolver o BNG aos seus militantes como primeiro paso para abrilo á sociedade e recuperar a credibilidade perdida. Unha unión de independentes, PNG, +Galicia e o Encontro Irmandiño pode ter unha maioría alternativa á da UPG e seguidores.


Unha fronte que asuma uns acordos mínimos e prácticos para a rexeneración da organización, unha equipa de persoas éticas e traballadoras que aplique en pouco tempo ese programa urxente. Unha lista aberta e plural, unas teses sen manobras de distracción e unha equipa “ad hoc”.


É iso imposíbel? No Encontro estamos seguros de que non.

voltar arriba

comentarios:


nome:
enderezo electrónico:
comentario:


Envía o teu comentario

Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...

Capitan

29/12/2011 Lista de consenso arredor de Táboas.

chapitel

28/12/2011 Se non se da sitio a todos os jallegos militantes ou non, non e bloque, quedase nun clube privado onde a única identidade e o cobro das cotas e intereses particulares.

María Lois

28/12/2011 Teño algún amigo que animado a participar pedíu o reingreso despois de estar dado de baixa hai dous anos, dime que pretenden cobrarlle para poder participar todas as cotas desde que foi "excluído" en procesos anteriores. Ides permitir iso? Non é un atentado ao proceso de reafiliación comprometido entre todos este verán pasado?

Daniel

28/12/2011 Ao Beiras é ao único que respectan os medios de comunicación. E nos tempos que estamos non podemos ignorar aos medios. O maior erro do actual BNG foi prescindir do lider natural do nacionalismo de esquerdas.

Pepa

27/12/2011 Eu penso igual que Sandra. Coa UPG e o aparato non hai nada a facer. So nos queren ter entretidos uns cuantoas anos mais, ate esmorecer. Non van deixar o control que teñen da organizacion . Con eles os que se plegue ao que fan ben, e se non prefieren soltar lastre e que non lle dean a lata.

Xosé Bieito

26/12/2011 Xosé Manuel Beiras,quizais representa o que para literatura e Castelao,na politica actuai onde a perda de valores e moneda corrente.O nacionalismo galego prescinde desta insigne figura e o aparta da primeira liña da nosa politica,isto e un erro e un luxo que non temos dereito a facelo.O futuro incerto e escuro da nosa cultura esistencial como pobo,non non podemos non debemos ficar parados frente apisonadora do capitalismo,agora e hora de ue beiras siga falando o frente do nacionalismo galego mil anos mais para Galiza xuntemonos todos os que dalgun modo amemos unha terra singunlar........escribamos o presente para ter a esperanza do futuro..

galego

26/12/2011 e se gañades vós? os militantes e simpatizantes da upg non se sentiran como vos levades sentindo vós dende hai uns anos? buscase só gañar ou unir a todolos nacionalistas de esquerdas nun mesmo bloque?

sandra

25/12/2011 Hai moitos intereses do Aparato en xogo, mesmo sería interesante en que se clarexase as vinculacións familiares que hai nel, como a xente casada/emparellada/relacionada con cargos institucionais que traballan nos locais do BNG, p.exemplo. Ou tamén sería xenial o apuro dos últimos días por dar o carné do BNG a persoas directamente relacionadas cos que dominan a organización, supoño eu -inocente e mal pensada- que de cara a controlar a asemblea (mesmo me dixeron que en Pontevedra lle deron o carné á compañeira do Voceiro Nacional, que por certo sempre fala español). Aínda así, ogallá saia todo ben, pero que todo quede claro.

sandra

25/12/2011 Son moi céptica de cara a Asemblea, gustaría de que for ben e saíse o BNG fortalecido. Mais son pesimista. Os do Aparato non cederán, teñen moitos intereses (mesmo hai unha rede q

¡Podemos!

25/12/2011 Non teñamos medo a gañar e non saiamos derrotados xa de partida.As bases necesitamos algo que nos ilusione para mobilizar á militancia. Este é o primeiro paso. Pero tendes que escenificalo dun modo creíble para nos e para toda a sociedade. Os nosos grandes referentes, Beiras, Camilo...deben ir diante de nos. Se esto sucede, gañamos sempre, porque se perdemos na asamblea (que é imposible), este sería o primeiro paso para facer un novo partido. Polo que se gañamos, gañamos e se perdemos… tamén gañamos. ¡Animo e forza!

Hai que intentalo

25/12/2011 É preciso intentalo e non terá perdón quen por intereses persoais ou de partida deixe indefenso ao pobo galego que precisa dun BNG como o que tivo até os dous mil. Eu confío en vos, en Taboas e en moita xente de boa fe que hai en Máis Galiza.

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal