X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
martes, 20 de outubro de 2026

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
CRóNICAS PREASEMBLEARIAS

Crónicas preasemblearias III

Podes deixar o teu comentario

18/12/2011

 

Tentaremos, de novo, de manter unha obxectividade, que á vista dos contraditorios titulares de hoxe na prensa sobre o acontecido onte no Consello Nacional no que se resolvía sobre aspectos fundamentais regulamentares para a XIII Asemblea do BNG.


Sobre as teses:


Como se mantiñan os catro textos de teses acordouse que fose como tese de referencia a máis votada e como emendas ou votos particulares á totalidade as outras tres. Cousa lóxica. Isto significa que se manteñen en alto todas as diferenzas de tese para o proceso de debate.


O resultado da votación foi o que segue:

APU (UPG) 48

+Galiza 24

Encontro Irmandiño 11

Movemento Base Socialismo 1

Abstención/ Non votan 5


No resto dos temas a novidade é que non se materializou o acordo que se rumoreaba entre +Galiza e a UPG para manter o sistema actual para a elección dos cargos co que fican respostadas as dúbidas que plantexabamos na da Crónica II.


Sabedes que a proposta do EI era...

A Executiva Nacional integrarase por representantes das candidaturas ao Consello Nacional en proporción pura aos resultados obtidos.

E nas nosas teses vai como medida xeral que para...

Facilitar a participación de todas e todos en pé de igualdade e independentemente de que pertenzan ou non a un colectivo organizado. Neste sentido estabelecerase que para todos os procesos de eleccións non será preciso presentar unha lista completa, sendo suficiente un número igual ou maior ao 10% dos postos a cubrir.


As modificacións introducidas foron:


Elimínase a segunda votación para elección da Executiva que resulta constituída directamente da proporción pura dos resultados obtidos polas listas que se presenten para elección do Consello Nacional, isto garante a presencia do pluralismo “posíbel”. Implica eliminar a barreira de ter que obter 15 membros do Consello Nacional para poder optar a estar presente na Executiva. Aquí a votación foi unánime contra todo prognóstico. +Galiza renunciou a súa proposta de que “gobernase” a lista máis votada en solitario de non haber consenso.


Dicimos posíbel porque a UPG negouse a aprobar a segunda modificación proposta polo EI, secundada por +Galiza e independentes, consistente en abrir a posibilidade de listas -e de participación por tanto- a independentes cun número asequíbel de membros, un 10%, para evitar ter que escoller entre 3 ou 4 listas feitas. Para o EI abrir esta posibilidade era fundamental porque implicaba evitar que o BNG siga a converterse cada día máis nunha “coalición de partidos”.


Aquí as votacións foron:

A favor EI, +Galiza e independentes: 42

En contra UPG e MBS: 49

Abstencións:0


No tema do modo e tempo de elección do candidato á Presidencia da Xunta -na Crónica I podedes ver o que pensamos nós diste “cargo”- a UPG mantivo o sistema actual impoñendo cos seus votos que se aplicase xa nesta XIII Asemblea.


A Proposta inicial de +Galiza nas súas teses era a da celebración dunhas “primarias” abertas á sociedade e a do EI a da celebración dunha Asemblea Extraordinaria previas unhas “primarias” abertas. Consensuamos un texto que propugnaba as primarias e un procedemento para a súa celebración e posterior ratificación polo BNG a establecer no primeiro Consello Nacional que se celebre despois da XIII Asemblea. Esta proposta común foi derrotada pola UPG e MGS (a este grupo comeza a virlle acaido o alcume de “marca branca da UPG” que anda a circular por aí).


Manter o sistema actual e aplicalo xa en xaneiro 49

Establecer un sistema de primarias 43


Por si alguén ten interese ao final os texto aprobados foron:


“A Executiva Nacional estará formada por 15 persoas, repartidas proporcionalmente ao apoio obtido polas candidaturas presentadas para Consello Nacional e seguindo a orde de cada candidatura”

“...será electo/a Portavoz Nacional a persoa que encabece a lista máis votada ao Consello Nacional, se esta acada o 50% dos votos emitidos. Se ningunha das listas presentadas acada esta porcentaxe, procederase a unha segunda votación entre os/as 2 candidatos/as que obtiveran máis votos”.


“
1. A Asemblea Nacional procederá á elección do candidato/a á Presidencia da Xunta de Galiza. As distintas candidaturas, se as houber, someteranse a votación, resultando elixida a que acade un número maior de votos. De existir unha única candidatura, poderá ser sometida a votación a man alzada, a non ser que o 20% dos/das asistentes solicite que sexa secreta.
2. Poderá presentar a súa candidatura á Presidencia da Xunta calquera afiliado/a do BNG que teña pleno dereito para participar na Asemblea Nacional, que estea incluído/a nalgunha das candidaturas que se presentan para o Consello Nacional e teña a aceptación de todos/as os/as integrantes da candidatura.
3. Establecerase de prazo para a presentación de candidaturas o 23 de xaneiro ás 19:00 horas.
4. Cada candidatura deberá designar una apoderado/a nacional e un/unha suplente que realizará a función de representante da candidatura.”


Avánzase algo en abrir a AN?

Debúxase unha fronte para rescatar ao BNG do secuestro da UPG?

Será posíbel a refundación?

(A seguir...)

voltar arriba

comentarios:


nome:
enderezo electrónico:
comentario:


Envía o teu comentario

Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...

XL

20/12/2011 Con toda a sinceridade dun ex-militante do BNG, non dou un peso polos de + Galiza. Detecto que se depositan excesivas esperanzas no bo talante democrático destes e permitideme que o poña en dúbida cos precedentes que hai tras ver a práctica destes na súa curfa existencia. Lembrade senon a conformación da anterior executiva na AN ou o que lle pasou a xente de Nigrán. A UPG é nefasta para a pluralidade dentro do BNG pero +Galiza non a vexo para contribuir a riqueza da diversidade é o respecto no BNG, Opino que aspira a cooptar e competir no Bloque coa UPG coma se de un xoguete se tratara e ao EI só o vai insturmentalizar para os seus lexitimmos pero tamén espureos intereses partidarios que en nada van a beneficiar a esa rexeneración que moitos agardamos. Recuperar aquel BNG dos 90 é imprescindíbel para salvar a este páis da dramatica situación na que se atopa pero senón é posible haberá que montar outra cousa. Ainda se pode, queda ainda musculo e enerxía ánimo EI ...... Un saúdo do Val MIñor.

Mario

19/12/2011 Falades de respecto ás minorías e de fraternidade pero sodes tremendamente irrespetuosos con outros colectivos como o MGS, co que ademais coincidides bastante ideoloxicamente e nas propostas.

Merlín

19/12/2011 O Bloque que temos a día de hoxe non serve. Se en xaneiro a maioría dos que o conforman quere seguir por esta senda, e non se produce unha renovación absoluta de caras, estratexias, discursos... espero que sexades o suficientemente valentes como para decidir que é necesario explorar novos camiños fóra da fronte. A casa común do nacionalismo pode esperar; este país non.

Lois

19/12/2011 A refundación do BNG ten que pasar por voltar a unha fronte plural ideolóxicamente falando que inclúa dende a esquerda ao liberalismo progresista, pasando pola socialdemocracia. De outro modo, haberá escisión no BNG

o voto orfo

19/12/2011 Xa o dixen moitas veces e, a risco de repetirme, quero deixalo dito unha vez máis: a día de hoxe somos máis os ex-votantes que os votantes, máis os ex-simpatizantes que os simpatizantes, máis os ex-militantes que os militantes. Aquí fóra estamos centos, miles de galegos comprometidos e con ganas de traballar, esperando un novo referente-organización á que apoiar e á que unirnos. E xa nos tarda en chegar.

eu

18/12/2011 Hai eu apuntarse toda a afiliación para a Asemblea Nacional. Se o 28 e 29 de xaneiro irmos a UPG está perdida. Hai que poñer fora aos chupatintas como Bieito e a Pontón

Primarias Xa

18/12/2011 É preciso facer unha proposta á asemblea nacional e para que decida facer unhas primarias abertas. Se imos todos e todas gañamos e se perdemos facémolas fora que o BNG é tamén dos simpatizantes e votantes. Ánimo

Ourensán

18/12/2011 Por favor, pactos por arriba non. Confiamos en vos

xose manuel

18/12/2011 esquenciaseme . moitas grazas pola informacion veraz e rápida. unha aperta irmandiña

xose manuel

18/12/2011 Xa se está vendo como os que teñen secuestrado o BNG van cambiando algunha cousa , para que todas e todos sigan vendo esperanza de rexeneracion . MENTIRA cambian algunha cousa para que despois non cambie nada , espero que os de EI sexan bastante intelixentes como para non seguir esta maniobra , asi que moitos seguiremos esperando fora , donde dicen que fai frio , pero ainda asi estaremos coa cabeza alta con dignidade , con roupa de abrigo e como verdadeiros irmans. Saude

Antom

18/12/2011 Indicou-no o Grande certeiramente na homenagem que vem de receber: dentro ou fora, mas a Galiza insubmisa segue viva e saberá artelhar as ferramentas precisas para a emancipaçom social e nacional da Galiza. É a hora da militáncia, é a hora da esquerda, é a hora da Galiza.

Capitan

18/12/2011 Se no BNG non logramos desfaernos do lastre abusón da Upg debemos liscar, ben da man de +Galiza, ben sos. É un berro a voces que nos demanda a maioria social galega.

Capitan

18/12/2011 Se no BNG non logramos desfaernos do lastre abusón da Upg debemos liscar, ben da man de +Galiza, ben sos. É un berro a voces que nos demanda a maioria social galega.

Xoan Anton

18/12/2011 A veces e moi difícil saber cal e o momento histórico que nos toca vivir.Pero o que si sei e que certos lideres loca-is entenden o nacionalismo como afiliados que a cambio de un salario, defenden todas as ideas antidemocraticas e escondense detras das siglas UPG ,e facer que a cidadania non alcance a diferenciar un partido con unha carga historica de loita de conciencia nacionalista. Hoxe mais que nunca debemos de deixar de ser afiliados e pasar a ser o que sempre fomos todos "MILITANTES". E sei que en este momento que nos tocou vivir dedemos cambiar para poder darlle e facer participar ao povo nun proxecto atrativo que se identifique con el, e non pecharnos na demadoxia na que sempre nos leva a seguir o pastor

María Lois

18/12/2011 Grazas de novo pola información de novo.

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal