X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
martes, 20 de outubro de 2026

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
CRóNICAS PREASEMBLEARIAS

Crónicas preasemblearias II

Podes deixar o teu comentario

16/12/2011

 

Grazas polo interese que sabemos suscitan estas crónicas, seguiremos cumprindo co noso compromiso de contribuír ao coñecemento do que pase nesta importante XIII Asemblea do BNG.


Diciamos na anterior crónica que hai un tema que sendo importante non é o primeiro que preocupa ao Encontro, mais si parece que o fai á opinión pública, ... os carguiños.


Explicabamos onte como é o método de elección e cales son as propostas das distintas forzas de relevancia dentro do BNG. Ao mesmo tempo algún medio facíase eco dun posíbel pacto entre UPG e +Galiza para adiar as súas propostas e poñerse de acordo en manter o sistema actual de elección de cargos para esta asemblea de xaneiro. Dende o Encontro nun principio non acreditabamos nesa “envainada” pero ao fin puidemos comprobar que é certo que iso foi falado na Comisión Executiva do BNG en xuntanza previa á da comisión das teses na que, por certo, ambas forzas mantiveron as súas propostas iniciais sen facer referencia algunha ao falado na Executiva.


Quer dicir isto que só foi falado e non acordado? Saberémolo no Consello Nacional do BNG do sábado 17 porque están sobre a mesa as propostas iniciais das distintas forzas.


Sabedes a insistencia do Encontro en que esta Asemblea que ven é crucial, nós dicimos que é a derradeira oportunidade para rexenerar o BNG, por iso os métodos de escolla dos órganos de dirección teñen que ser inclusivos, integradores e favorecedores da participación plural para que entre todas e todos poidamos aportar e traballar para ese novo BNG (que se refunda).


De manterse o sistema actual, o de anteriores asembleas, a cousa sería como segue:


Trátese de elixir os 50 membros do Consello Nacional de elección directa. Poden presentarse listas integradas por 50 titulares e un mínimo de 20 suplentes, e tras a votación repártense os membros proporcionalmente aos resultados. Para a Elección da Executiva só poderán presentarse listas que teñan como mínimo 15 membros electos para o Consello Nacional na votación anterior, é dicir un 30% dos votos da Asemblea.


Este sistema xa provocou graves disfuncións en anteriores asembleas, porque limita a posibilidade de presentar lista só a aqueles que poidan completala con 70 membros laminando as posibilidades dos independentes non organizados de facelo e levando ao BNG a funcionar como se fose unha coalición de partidos e non unha fronte de adscrición individual como é.


A maiores na asemblea de 2009 só a UPG e +Galiza tiveron eses 15 membros e provocaron para a elección da Executiva unha escolla bipartidista que foi terrorífica para a vida interna do BNG e que tivo como consecuencia que o EI ficase fora da Executiva e que non entrase ningún independente na mesma.


Imos repetir esta xogada? Pode o BNG nesta situación repetir erros do pasado recente?


Dende o EI propuxemos para o Consello do sábado 17 que...


A Executiva Nacional integrarase por representantes das candidaturas ao Consello Nacional en proporción pura aos resultados obtidos.



E nas nosas teses vai como medida xeral que para...


Facilitar a participación de todas e todos en pé de igualdade e independentemente de que pertenzan ou non a un colectivo organizado. Neste sentido estabelecerase que para todos os procesos de eleccións non será preciso presentar unha lista completa, sendo suficiente un número igual ou maior ao 10% dos postos a cubrir.


Non hai desculpas para non facelo o mellor posíbel, temos as teses en marcha e temos un regulamento en produción, de feito o sábado vaise completar co método para elección de cargos, ... porque aferrarse a un sistema que xa fallou.


Non sería mellor que todo o mundo explicitase que é o que pretende?


(A seguir...)

voltar arriba

comentarios:


nome:
enderezo electrónico:
comentario:


Envía o teu comentario

Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...

anonimo

17/12/2011 Hola eu penso que o día 23 de Xaneiro vaise repetir o mesmo de 2009, digo isto porque eu vexo intereses propios nos integrantes da UPG, +GALIZA, APU. Na miña opinión, había que facer limpeza no BNG, e contar con persoas ilustres como Xosé Manuel Beiras, este señor a min si que me xera gran confianza. Porque de non ser así, a cúpula do BNG que non conten co meu apóio.

un

16/12/2011 Quero agradecer a publicación destas crónicas, é un soplo de aire fresco e nótase que hai vontade de transparencia e de rexeneración.

O gato con botas

16/12/2011 Visto que todo tende a amañarse porriba e sen contar coa militancia espero que haxa "valentes" con forzas para tirar dun carro novo e que vaian, como no poema de Manoel Antonio, ficando sós.

María Lois

16/12/2011 Creo que sodes demasiado bos e que estades dando crédito a quen xa vos defraudou. Grazas de todolos xeitos pola información, que se agradece, Sorte.

xose manuel

16/12/2011 Penso que todas as suxerencias que estades plantexando son sempre para dar mais participacion na vida politica do BNG , polo tanto os meus parabens , pero si teño que ser sinceiro , penso que as outras correntes non están polo tema , O portavoz nacional fala de proceso democratico , os de mais galiza xa designaron candidato , ousexa donde está o de rexenerarrrrr , donde está o de dar mais participacion a militancia e escoitando as mulleres e homes deste Pais etc . Espero que sigades informando , porque esta paxina leena moitas e moitos persoas que vivimos neste Pais sin estado propio , e moitas e moitos que non estamos no BNG .

Faxilde

16/12/2011 Estou de acordo en que as listas non teñan que ser completas. Nalgunhas comarcas aumentan o número de persoas a elixir para que non haxa mulleres para dúas candidaturas. Así sempre gaña a oficial porque non hai outra.

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal