X
nome * enderezo electrónico * enderezo postal concello teléfono * mensaxe *
adxunto
código de seguridade *
imaxe de seguridade
cambiar código
* campos obrigatorios
martes, 20 de outubro de 2026

pesquisar

subscrición

recibirá vía e-mail toda a información de interese
sitios de interese

Anova - Irmandade Nacionalista

14 de xullo de 2012

Web provisoria da ANOVA - Irmandade Nacionalista, constituída o pasado sábado 14 de xullo en Compostela e recollendo logo de 223 anos os ideais de liberdade, fraternidade e igualdade da Revolución Francesa.

ir ao sítio...

SLG

A toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta

ir ao sítio...

Liga Estudantil Galega

Liga Estudantil Galega

ir ao sítio...

Terceira Carta às Esquerdas

Interesante artigo de Boaventura de Sousa Santos

ir ao sítio...

Mocidade Irmandinha

Grupo de Traballo de Mocidade do EI

ir ao sítio...
ver máis sitios de interese...
NOVAS do nacionalismo

Reunión de coordinación de asembleas

02/06/2012

 

Representantes de 43 asembleas por un Novo Proxecto Común, entre asembleas locais e comarcais de todo o País, concordaron hoxe en facer público o seguinte manifesto enviado aos medios de comunicación por Antonio Araúxo Quintas da Asemblea Nacionalista de Val Miñor.

O manifesto e outras propostas someteranse ás asembleas locais que ademais poderán elixir quen os ha representar na Coordinadora Provisoria de Asembleas que se reunirá o sábado día 16 para, entre outras cousas, fixar o día da Asemblea Nacional Constituínte que se prevé celebrar no prazo aproximado dun mes.


Ver máis información en Europapress






MANIFESTO.


POÑENDO OS ALICERCES.

As persoas que en representación das asembleas locais ou comarcais, constituídas ou en fase de constitución, por un Novo Proxecto Común, integradas por persoas a título individual e que acollen unha pluralidade de visións da nación dos galegos/as, reunidas o 2 de xuño e réxime de autoconvocatoria

MANIFESTAMOS

1º.- A nosa vontade de traballar pola creación dunha nova organización de carácter asembleario, aberto e plural, de integración individual e organización territorial, con vocación de continuidade na acción social, de carácter nacionalista, expresión política do galeguismo, e enmarcada tanto na tradición plural da esquerda como nas novas expresións da mesma.

2º.- A nosa vontade de establecer unha coordinación entre as distintas asembleas comarcais ou locais a fin de preparar unha reunión asemblearia de carácter nacional.

3º.- A nosa vontade de participar en futuras convocatorias electorais.

Teo 2 de xuño de 2012

voltar arriba

comentarios:


nome:
enderezo electrónico:
comentario:


Envía o teu comentario

Podes enviarnos o teu comentario ao respecto desta información. Evita o uso de ...

©  Encontro Irmandiño, 2011
Apartado de Correos 356  |  15010 A Coruña
aviso legal